Skip to main content

Economía de xénero

Obxectivos:

    •  Introducir transversalmente a perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos da vida para desenvolver os valores de igualdade e mellora do benestar.

    •  Identificar as desigualdades estruturais e sistémicas derivadas da categoría xénero nas áreas sociais, económicas, xurídicas, políticas e culturais e institucións sociais que as perpetúan.

    •  Analizar as estatísticas do mercado de traballo dende a perspectiva de xénero para identificar as desigualdades estruturais entre homes e mulleres.

    •  Afondar nas causas da fenda salarial a partires de artigos de investigación en Economía de xénero.

    •  Fomentar a corresponsabilidade de homes e mulleres nos coidados.

Duración:

O curso terá unha duración de 15 horas que se desenvolverán de xeito autónomo ao longo dun mes.

Elaboración do material didáctico:

Xulia González Cerdeira, profesora do Departamento de Economía aplicada da Universidade de Vigo.

Titoría:

Nome da persoa que titorice.

Contidos:

Tema 1. O mercado de traballo desde a perspectiva de xénero:
a. Introdución.
b. Datos e fontes estatísticas.
c. Participación laboral feminina. Comparación internacional.
d. A evolución na participación laboral feminina en España e Galicia.
e. A taxa de paro.
f. A segregación ocupacional.
Tema 2. A fenda salarial por razón de xénero:
a. Introdución.
b. Fenda salarial vruta e axustada.
c. Comparación internacional.
d. A taxa de paro.
e. A fenda salarial ao longo da vida laboral.
Tema 3. Causas da fenda salarial e algunhas propostas:
a. O papel da maternidade e o coidado das crianzas na fenda salarial. O child penalty.
b. A fenda de xénero no traballo non remunerado.
c. Outras causas que explican a fenda salarial de xénero.
d. Medidas para reducir a fenda salarial.

Proxecto financiado polas seguintes entidades:

Logos

Enroll