Skip to main content

A perspectiva de xénero na educación (3ª edición)


UVigo
Enrollment is Closed

Obxectivos:

  • Introducir transversalmente a perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos da vida para desenvolver os valores de igualdade e mellora do benestar.
  • Identificar as desigualdades estruturais e sistémicas derivadas da categoría xénero nas áreas sociais, económicas, xurídicas, políticas e culturais e institucións sociais que as perpetúan.
  • Facer visibles as achegas das mulleres a diferentes ámbitos de coñecemento.
  • Aplicar ferramentas á análise de xénero para revisar e criticar as diversas disciplinas co obxecto de estudo desde a perspectiva de xénero. Detectar as relacións violentas no contexto da discriminación de xénero, identificando e recoñecendo diferentes tipos de violencia contra as mulleres.
  • Visibilizar as aportacións das mulleres á contribución dos diferentes ámbitos de coñecemento.
  • Realizar traballos, proxectos e investigacións con perspectiva de xénero.

Duración:

O curso terá unha duración de 15 horas que se desenvolverán de xeito autónomo ao longo dun mes.

Elaboración do material didáctico:

María Mercedes Álvarez Lires, profesora do Departamento de Didácticas Especiais da Universidade de Vigo.
Iria Vázquez Silva, profesora do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía da Universidade de Vigo.

Comunicación:

A través do correo electrónico formacionigualdade@uvigo.es.

Contidos:

Tema 1. A coeducación. Boas prácticas:
a. O concepto de coeducación.
b. Cuestionando o currículo escolar androcéntrico.
c. Boas prácticas coeducativas.
Tema 2. A prevención da violencia de xénero no ámbito escolar:
a. Violencia de xénero no eido escolar.
b. Prevención da violencia de xénero no eido escolar.
 
Tema 3. A invisibilización e o sexismo na historia da ciencia como mecanismos de exclusión das mulleres:
a. Introdución. As ciencias en occidente.
b. Mulleres na construción do coñecemento.
c. O papel das mulleres no nacemento e consolidación da ciencia moderna (séculos XVII e XVIII).
d. A ciencia no século XIX: un retroceso para as mulleres.

Proxecto financiado polas seguintes entidades:

Logos